miércoles, 4 de marzo de 2020

ADIVIÑA QUEN SON

0 comentarios
O alumnado de 3º e 4º de Primaria asistiu hoxe a unha sesión de show/animación de  KOREMI: "Adiviña quen son" no Auditorio Municipal "Gustavo Freire".


viernes, 21 de febrero de 2020

ENTROIDO

0 comentarios
Este ano a temática do entroido foron "os oficios". Nestas imaxes podedes ver o bonitos que quedaron os disfraces.










miércoles, 19 de febrero de 2020

MAR INTERIOR

0 comentarios
Hoxe, o alumnado de 6º fixo unha visita á Deputación Provincial de Lugo para participar no obradoiro científico "Mar interior: un océano de oportunidades no corazón de Galicia". Alí puideron coñecer, de primeira man, os océanos, a súa riqueza e o coidado e respecto do medio mariño.








viernes, 14 de febrero de 2020

PIALE (Programa Integral de Aprendizaxe de Linguas Estranxeiras)

0 comentarios
Unha das nosas mestras de inglés, Elena, prticipou no Programa PIALE (organizado pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional) dende o 11 de novembro de 2019 ao 9 de decembro dese mesmo ano.

Os participantes poden impartir docencia na Educación Primaria e Secundaria, Formación Profesional, Escolas de Idiomas, Conservatorio de Música, etc.

No seu caso, a estancia no estranxeiro tivo lugar en Ottawa, Canadá. O centro educativo que lle foi asignado é o Centennial Public School (https://centennialps.ocdsb.ca/), que pertence ao distrito escolar de Ottawa-Carleton. Alí puido coñecer e descubrir novos enfoques e metodoloxías para logo traelas ao CEIP Albeiros.

No enlace que a continuación se ofrece podedes botar unha ollada a todo o que Elena lles ensinou aos nenos e nenas  de Albeiros e ás experiencias desta mestra durante a súa estadía en Ottawa.

https://drive.google.com/file/d/1XAxg_253pzYntz3nDxg5uRCpiQRd7bx4/view?usp=sharing




jueves, 30 de enero de 2020

DÍA DA PAZ

0 comentarios
Celebramos no cole o día da Paz. Realizamos nubes para inundar de paz o noso corredor e despois xuntámonos todos para bailar xuntos unha canción.







miércoles, 29 de enero de 2020

CONCURSO POSTAIS DE NADAL

0 comentarios
Alumnado de 5º A resultaron gañadores no Concurso de Postais de Nadal convocado por "La Voz de la Verdad". Noraboa a Marco, Carla, Lidia e Álex.!!


 

O COLE DE ALBEIROS Copyright © 2012 Design by Ipietoon Blogger Template